sfPATConxunto de síntomas e signos que definen clinicamente un estado patolóxico.
sfConxunto de síntomas que son característicos dunha determinada situación e que poden causar temor.
síndrome de DownPATForma conxénita de discapacidade psíquica que se debe a un defecto no cromosoma 21, por mor dunha trisomía, dunha translocación ou dun mosaicismo, que se caracteriza por presentaren os individuos a cara redonda e plana, cabeza braquicéfala e ollos oblicuos e con epicanto.
síndrome de inmunodeficiencia adquiridaPATsida.
síndrome de EdwardsPATTrisomía 18 que produce hipertonía muscular, atraso psicomotor, alteracións craniais, labio leporino, orellas malformadas de implantación baixa, e mans en que os dedos índice e maimiño están enriba, respectivamente, do dedo medio e anular.
síndrome de KlinefelterPATAberración cromosómica numérica que se caracteriza por unha trisomía gonosómica (o cromosoma 23 é xeralmente XXY), que se manifesta por unha insuficiencia da función endocrina testicular, testículos pequenos, xinecomastia, retraso mental e infertilidade.
síndrome de KorsakovPATConxunto de trastornos mentais que se asocian a unha polineurite e que consisten en amnesia anterógrada, desorientación e tendencia á cofabulación e perda da memoria.
síndrome de MarfanPATTrastorno hereditario do tecido conectivo que produce alteracións oculares e óseas nas articulacións e nalgúns órganos.
síndrome de PatauPATAberración cromosómica numérica que consiste na trisomía autosómica do cromosoma 13 e que presenta varios signos, como atraso mental, malformacións auriculares e microcefalia. OBS: Tamén se denomina trisomía 13 e trisomía D.
síndrome de Prader-WilliPATCadro que se caracteriza por obesidade, talle baixo, criptorquidia, diabete e merma das capacidades intelectuais, propio dun individuo que ao nacer presentou unha atonía muscular grave.
síndrome de ReiterPATSíndrome que se caracteriza por artrite, acompañada de uretrite e conxuntivite ou de lesións mucocutáneas.
síndrome de ReyePATEncefalopatía aguda e infección hepática asociada a cadros de febre por infeccións virais.
síndrome de SézaryPATProceso de proliferación dos linfocitos T, que se considera a variante leucémica da micose fungoide.
síndrome de SjögrenPATSíndrome que se caracteriza por sequidade da pel e das membranas mucosas e por calcificación dos ósos e das articulacións.
síndrome de TurnerPATMalformación conxénita que se debe á existencia dun só cromosoma sexual