silva

< lat silva ‘selva’
Plural: silvas
  1. PLANTA
    1. s f silveira.
    2. silva macho [Rosa canina] Planta arbustiva, da familia das rosáceas, que presenta os talos espiñentos, follas con bordo serrado e glabras, flores brancas ou rosáceas, dispostas en corimbo ou solitarias e froito carnoso, vermello e globoso.
  2. s f PROTISTA Alga vermella, da familia das coralináceas, que presenta o talo rosa cuberto de carbonato cálcico.
  3. s f LIT Serie continuada de versos hendecasílabos e heptasílabos, sen estrutura estrófica determinada e coa rima segundo o gusto do autor.

Sinónimos