signo

< lat signu
Plural: signos
    1. s m Aquilo que, por convención ou relación natural, representa unha cousa.
    2. s m MAT Símbolo que se emprega para indicar unha operación ou caracterizar unha magnitude.
    3. s m RELIX Sinal, acontecemento ou palabra que se interpreta como a manifestación e presenza do transcendente ou divino.
    4. s m MÚS Sinal gráfico que complementa as notas dunha partitura e que permite facer unha interpretación correcta dela.
    5. s m ASTRON Cada unha das doce partes en que se supón está dividido o zodíaco.
    6. signo de puntuación LING Signos ortográficos con que se marcan pausas, entoacións ou anotacións.
    7. signo lingüístico LING Unidade lingüística que está formada pola unión dun significante e un significado.
    8. signo notarial DER Sinal particular e rexistrado que cada notario debuxa á man antes da sinatura que autoriza un documento público.
    9. signo óptico MINERAL Propiedade que presentan os minerais anisotrópicos transparentes cando, cortados en láminas finas, son observados cun microscopio con luz polarizada.
  1. s m Movemento, acción ou xesto con que se fai saber ou entender algo.