sigma

< gr σίγμα
Plural: sigmas
  1. s m LING/MAT Nome da décimo oitava letra do alfabeto grego (Σ, σ, V) que corresponde ao s latino. Como signo numérico equivale a 200 (σ,) e 200.000 (,σ).
  2. QUÍM/FÍS
    1. electrón sigma [&#963;] Electrón que ocupa un orbital sigma.
    2. enlace sigma [&#963;] Enlace constituído por orbitais sigma enlazados.
    3. orbital sigma [&#963;]   Tipo de orbital molecular que se caracteriza por posuír simetría cilíndrica respecto ao eixe do enlace.
  3. sigma ilíaca ANAT Parte do colon en forma de S, comprendida entre o colon descendente e o recto. OBS: Tamén se denomina sigmoide, asa sigmoide ou colon sigmoide.