serpe

Plural: serpes
  1. ANIMAL
    1. s f Réptil da suborde dos ofidios de corpo alongado e desprovisto de patas.
    2. serpe de coral Réptil, que pertence ao xénero Micrurus, da familia dos elápidos, e que presenta a cola moi curta, a cabeza pequena, o tronco case cilíndrico e unha coloración cun debuxo formado por aneis de cor negra, amarela, vermella ou branca. O seu veleno é moi activo.
  2. s f Representación fantástica que se atopa na orixe de numerosas reaccións mítico-relixiosas.

Refráns

  • Por san Pedro da Cadrela sae a cobra da súa pedra.