sensación

< lat sensatiōne
Plural: sensacións
  1. s f FISIOL Percepción dunha impresión recibida na periferia por un nervio sensitivo que a transmite dos órganos dos sentidos aos centros nerviosos mediante un nervio aferente.
  2. s f Acción e efecto de sentir emocionalmente unha cousa ou de sentirse dunha determinada maneira.
  3. s f Impresión que causa un suceso sobre varias persoas.

Sinónimos

Citas

  • A festa produciulle unha gran sensación de alegría
  • O seu peiteado causou sensación