selva

< lat silva
Plural: selvas
  1. s f Bosque mesto e pouco alterado propio das zonas tropicais.
  2. selva nebulosa Bosque exuberante propio do nivel de néboas das montañas, característico dalgunhas montañas intertropicais.
  3. selva pluvial ECOL Conxunto de bosques que ocupan as rexións cálidas con pluviosidade abondosa durante todo o ano.
  4. selva virxe Bosque que non foi nunca explorado polo home.