selector

Plural: selectores
  1. adx Que selecciona ou serve para seleccionar.
  2. s m TECNOL Conmutador do que van provistas diversas clases de aparatos e que permite escoller unha opción de funcionamento entre un certo número de posiblilidades.
  3. s m COMUN Conmutador provisto de contactos múltiples, empregado en telefonía automática.
  4. selector de bandas TECNOL Conmutador que, nos radiorreceptores multibanda, permite elixir a banda de frecuencia en que se pode sintonizar unha emisora.
  5. selector de canais COMUN Dispositivo dos receptores de televisión destinado a separar e sintonizar á vontade un determinado canal.