selección artificialBIOLElección dos reprodutores que levan determinadas características para que se conserven na descendencia.
selección biolóxicaBIOLSelección que permite sobrevivir a certos organismos especialmente adaptados a unhas condicións ambientais cambiantes.
selección naturalBIOLModificación das frecuencias xenéticas dos distintos caracteres que aparecen nunha poboación, que se basea no feito de que certas combinacións supoñen unha vantaxe para os individuos que as posúen polo que se aumenta a súa taxa de reprodución.
sf
Conxunto de cousas ou persoas seleccionadas.
DEPEquipo, xeralmente nacional, formado por xogadores de varios equipos.