seita

< lat secta
Plural: seitas
  1. s f SOCIOL Comunidade minoritaria e exclusivista, cos membros rexidos por crenzas, motivacións e valores diferentes aos dominantes. Tm fig.
  2. s f RELIX Denominación imprecisa e despectiva que se lles dá ás comunidades relixiosas minoritarias separadas dunha confesión maioritaria ou dunha relixión oficial.
  3. s f Conxunto de persoas que teñen crenzas místicas ou esotéricas e que seguen a un líder.

Formas incorrectas

secta

Palabras veciñas