segmentación

< segmentar
Plural: segmentacións
  1. s f Acción e efecto de segmentar.
    1. s f BIOL Etapa do desenvolvemento embrionario que consiste na división continua e sucesiva do óvulo ata que se orixina a blástula.
    2. segmentación metamérica ZOOL Repetición dunha serie de elementos de cada un dos principais sistemas orgánicos do corpo ao longo do seu eixe antero-posterior ou do eixe dun apéndice.
  2. s f MED División en partes máis ou menos semellantes.