sedimentación

< sedimentar
Plural: sedimentacións
  1. s f Acción e efecto de sedimentar.
  2. s f BIOQ Método empregado para a determinación de pesos moleculares de proteínas mediante unha ultracentrífuga.
  3. s f ESTRATIG Precipitación dos sedimentos que se acumulan formando estratos.
  4. s f FÍS/QUÍM Propiedade dos coloides pola que as partículas de substancia insoluble se separan lentamente pola gravidade do medio líquido e se depositan no fondo do recipiente que os contén.
  5. s f MED Produción dun depósito de sedimento ou pouso.
  6. s f QUÍM Procedemento empregado en análise química para clasificar os corpos segundo as dimensións das súas partículas.