seda

< lat saēta ‘pelo do porco’
Plural: sedas
  1. s f TÉXT Filamento de cor branca ou amarelenta, brillante, flexible, suave e illante de electricidade, que constitúe o casulo segregado polo verme do lepidóptero Bombyx mori.
  2. s f TÉXT Fío e tecido elaborado coas fibras do casulo do verme de seda.
  3. s f MED Substancia filamentosa utilizada en cirurxía para facer suturas e ligaduras.
  4. s f Pelo groso e áspero que recobre o corpo de certos animais.
  5. s f ZOOL Escleroproteína líquida que se endurece segregada polas glándulas abdominais das fileiras dos arácnidos e de certos insectos, coa que constrúen arañeiras e confeccionan casulos.
  6. s f ZOOL Pelo illado con funcións sensitivas, situado na superficie do tegumento dos artrópodos.
  7. árbore da seda PLANTA Arbusto, da familia dos asclepiadáceos, que se caracteriza por ser laticífero, ter as follas estreitamente lanceoladas, as flores brancas e froitos en folículo con sementes de plumaxe sedosa.

Sinónimos

Frases feitas

  • Como unha seda 1 Desenvolverse algo sen obst
  • 2 Ser ou comportarse unha persoa de forma submisa.