secretario -ria

Plural: secretarios Masculino: secretario Masculino plural: secretarios Feminino: secretaria Feminino plural: secretarias
  1. s Persoa que se encarga da administración e funcionamento dunha empresa, organismo ou oficina.
  2. s DER Persoa encargada de redactar as actas e as memorias, dar fe dos acordos, custodiar os documentos e escribir a correspondencia nalgunha asemblea ou organismo.
  3. s HIST Funcionario real encargado da correspondencia secreta e das cartas do selo secreto, a miúdo con funcións administrativas e de goberno.
  4. s m ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos saxitáridos, que ten as patas moi longas, de cor gris e negra, coa cara amarela, a pel de arredor dos ollos núa e tirando a vermella e unha longa plumaxe eréctil arredor da cabeza. OBS: Tamén se denomina serpentario.
  5. secretario de estado DER/ADM Xefe do órgano superior dun departamento ministerial situado entre o ministro e o subsecretario, encargado dunha determinada unidade ou subdivisión.
  6. secretario de Estado DER/POLÍT Ministro principal, nalgúns estados americanos, que fai as funcións de primeiro ministro e, ás veces, é o encargado dos asuntos exteriores.
  7. secretario de Estado DER/RELIX Cardeal presidente da secretaría oficial do Estado.
  8. secretario xeral POLÍT Cabeza ou dirixente principal dalgúns partidos políticos.
  9. secretario xudicial DER Funcionario público, que forma parte do persoal da administración de xustiza, que dá fe dos actos e das dilixencias dun tribunal.

Palabras veciñas