sección

< lat sectĭōne
Plural: seccións
  1. s f Cada unha das partes en que se divide un todo.
  2. s f Acción e efecto de seccionar algo.
  3. s f MAT Intersección dun plano cunha superficie.
  4. s f Corte practicado nun corpo, nun terreo ou nun obxecto que permite o estudo da estrutura interna.
  5. s f ARTE Debuxo que representa o aspecto dun terreo, dun edificio, dun corpo calquera como se estivese cortado segundo un plano determinado.
  6. s f BOT Categoría taxonómica inferior ao xénero e superior á serie e á especie.
  7. sección eficaz FÍS Parámetro característico da interacción dunha partícula ou conxunto de partículas fundamentais coa materia, que depende do tipo de interacción, das partículas que interveñen e da súa enerxía. A unidade de medida é o barn.