sebo

< lat sēbu
Plural: sebos
  1. s m BIOQ/ALIM Graxa sólida obtida por fusión e refinamento dos tecidos adiposos do gando, que se emprega para facer velas, xabóns e ungüentos.
  2. s m FISIOL Secreción lipídica de carácter excretor, que ao mesmo tempo lubrifica e impermeabiliza os pelos.

Frases feitas

  • Ceo como sebo de carneiro. Ceo con nubes de aspecto algodonoso
  • . Mar coma un sebo. Mar en calma
  • .