arcada

< arco
Plural: arcadas
  1. s f ARTE/ARQUIT Conxunto ou fileira de arcos.
  2. s f ARTE/ARQUIT Abertura pechada con arco, xeralmente de grandes dimensións, que adoita servir de paso.
  3. s f ARTE/ARQUIT Arco de gran tamaño sobre un van.
  4. s f MAR Biombo ou protección provisional de madeira que se coloca en sentido lonxitudinal nas adegas dos barcos que teñen que transportar gran sen embalaxe.
  5. arcada dentaria ANAT Contorno da fiada de dentes.

Confrontacións