sátiro

< lat satyrus gr σάτυροζ
Plural: sátiros
  1. s m MIT Semideus da mitoloxía grecorromana que habitaba nos bosques, xunto ás ninfas, e que acostuma representarse con cornos e patas de cabra de forma sensual e agresiva.
  2. s m PSIC Home sexualmente morboso, que intenta desafogar de forma violenta ou anormal os propios instintos luxuriosos.