satélite

< lat satellĭte ‘membro dunha escolta’
Plural: satélites
    1. s m Corpo celeste que xira ao redor doutro, especialmente dun planeta.
    2. satélite artificial COSMON Aparato que describe unha órbita arredor dun planeta ou, por extensión, ao redor dun satélite, con fins militares, científicos ou de comunicación.
  1. adx Aplícase ao país ou estado que depende política ou economicamente doutro. Tm s m.
  2. adx ANAT Que segue un traxecto xunto con outro, como as veas ou os nervios que seguen o traxecto dunha arteria. Tm s, referido a órgano.
  3. s m BIOL Elemento morfolóxico redondeado presente en certos cromosomas, que está separado do resto por un filamento cromatínico.
  4. adx PAT Aplícase ás lesións secundarias e próximas a unha lesión primitiva. Tm s.