arca

< lat arca
Plural: arcas
  1. s f Caixa de madeira rectangular con tapadeira, onde se garda a roupa, o gran dos cereais ou calquera produto de consumo doméstico.
  2. s f Lugar onde se gardan os cartos.
  3. s f ANAT Parte do corpo delimitada polo costeleiro. OBS: Tamén se denomina arca do peito.
  4. s f ARQUEOL anta.
  5. s f IND Fornos accesorios que, nos antigos fornos de vidro rodeaban o forno de fusión e que se quentaban coa calor perdida por estes.
  6. RELIX
    1. arca da alianza Cofre de madeira construído por Moisés ao pé do Sinaí destinado a conter as Táboas da Lei cos mandamentos de Deus ao pobo de Israel.
    2. arca de Noé Navío que construíu Noé por mandato divino para poder salvarse do Diluvio Universal coa súa familia e cunha parella de animais de cada especie.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Metín toda a roupa de inverno na arca
  • O rei garda na arca os cartos dos impostos

Frases feitas

  • Ser unha arca sen fondo. Ser moi comell