sarna

< lat v *sarna
Plural: sarnas
  1. s f PAT Enfermidade contaxiosa da pel, provocada polos ácaros Sarcoptes scabiei e S. hominis, común aos humanos e a diferentes animais, que se caracteriza pola presenza de pequenas vesículas e bostelas que causan un forte proído.
  2. s f BOT/PAT Enfermidade das plantas que se caracteriza por provocar alteracións da casca de certos froitos.

Sinónimos

Frases feitas

  • Ser peor ca a sarna. Ser insoportable e moi malo.