sargo

< lat sargu
Plural: sargos
  1. s m ANIMAL/ICT Peixe perciforme, da familia dos espáridos, que presenta o corpo de cor gris prata, con bandas pardas lonxitudinais e unha banda transversal negra sobre a cola.
  2. sargo beado/acastañado ANIMAL/ICT Peixe mariño, da familia dos espáridos, que presenta o corpo ovado, de cor gris, a aleta caudal alta e de lonxitude igual á da cabeza, e as aletas pectorais máis longas ca as pélvicas.
  3. sargo picudo ANIMAL/ICT Peixe mariño, da familia dos espáridos, que presenta o corpo ovado e prateado e o fociño alongado, rematado nunha pequena boca.

Palabras veciñas