saprolegnial

< lat científico Saprolegnia, xénero de fungos
Plural: saprolegniais
  1. adx Relativo ou pertencente aos saprolegniais.
  2. s m FUNGO Fungo da orde dos saprolegniais.
  3. s m pl FUNGO Orde da clase dos ficomicetos integrada por fungos acuáticos, parasitos ou saprófitos con reprodución asexual por zoósporas e con reprodución sexual por oogamia.