sangría

< sangrar
Plural: sangrías
  1. s f MED Operación que consiste na evacuación de certa cantidade de sangue, especialmente a través dunha flebotomía.
  2. s f Parte interna da articulación do antebrazo co brazo, oposto ao cóbado.
  3. s f Incisión que se fai nunha árbore para extraer resina.
  4. s f Suco ou canle por onde se desvía a auga dun río, dun sistema de rego ou por onde desauga un terreo.
  5. s f Bebida refrescante feita con viño tinto, gaseosa, zume de limón e azucre.
  6. s f GRÁF Espazo en branco que se deixa ao comezo da primeira liña.