san

Plural: sans
    1. adx Relativo ou pertencente ao pobo san ou á súa lingua.
    2. s ETN/HIST Individuo do pobo san.
    3. s m pl ETN/HIST Pobo de África sudoccidental de raza khoisánida, que se viu reducido a un pequeno número de individuos acantoados nas zonas máis inhóspitas.
    4. s m LING Conxunto de linguas do grupo khoisan faladas polos sans.
  1. ANTROP/FISIO
    1. adx Relativo ou pertencente á subraza san.
    2. s Individuo da subraza san.
    3. subraza san Subraza ou grupo de poboacións de raza khoisánida formada por individuos mesocéfalos de estatura baixa, que presentan o nariz máis ancho e chato, a esteatopixia menos marcada e os ollos menos oblicuos ca os khoisánidos.