samoiedo -da

< ruso samoed
Plural: samoiedos Masculino: samoiedo Masculino plural: samoiedos Feminino: samoieda Feminino plural: samoiedas
    1. s m pl ETN Pobo uraloaltaico, disperso pola tundra occidental, desde o río Pecora ata o río Katanga, que se agrupa en tribos, con familias de tipo patriarcal, rexidas por un xefe e pola autoridade espiritual do xamán.
    2. linguas samoiedas LING Grupo de linguas uralianas que se estendeu por Siberia occidental e pola costa ártica da Rusia Europea.
    3. adx Relativo ou pertencente ao pobo samoiedo, aos seus habitantes ou ás súas linguas.
    4. s ETN Individuo do pobo samoiedo.
  1. s m ZOOL Raza de cans criados en Siberia polo pobo homónimo, onde se utiliza como animal de tiro, de compañía, ou como can de pastor de renos.