arbitrio

< lat arbitrĭu
Plural: arbitrios
  1. s m Facultade da vontade do home de tomar unha resolución con preferencia sobre outra.
  2. s m Xuízo ou sentenza de árbitro.
  3. s m
    1. ADM/ECON Dereitos ou imposicións cos que se designan fondos para gastos públicos.
    2. HIST/ECON Carga impositiva sobre o consumo e o comercio tendente a acrecentar o prezo dunha mercadoría.
  4. arbitrio xudicial DER Facultade que dá lei ao xuíz para que, dentro duns límites, a interprete en relación co caso concreto a xulgar.
  5. libre arbitrio FILOS Facultade para decidir libremente.

Sinónimos

Citas

  • Deixámolo ao arbitrio de Xaime, Non hai que poñerlle pegas ao arbitrio de García de Loza no partido de onte