smRenda recibida polos traballadores a cambio da súa colaboración no proceso produtivo.
salario baseSalario estipulado nun convenio para un traballo e categoría laboral concretos.
salario mínimo interprofesionalSalario mínimo, fixado polo goberno anualmente, que ten que percibir todo traballador por conta doutro.
salario socialECON/DERConxunto de prestacións sociais recibidas polos asalariados, principalmente mediante os sistemas da seguridade social, sen considerar a súa contribución ao proceso produtivo, pero atendendo ao conxunto de necesidades que ten o traballador e a súa familia.