safeno -na

Plural: safenos Masculino: safeno Masculino plural: safenos Feminino: safena Feminino plural: safenas
  1. adx ZOOL Aplícase a certos nervios, arterias e veas da perna.
  2. nervio safeno externo ZOOL Nervio que se desprende do ciático poplíteo interno na parte media do oco poplíteo e que dá a sensibilidade á pel da parte externa da perna e ás articulacións do tarso.
  3. nervio safeno interno ZOOL Parte terminal profunda e interna do nervio crural, que recolle a sensibilidade da pel do xeonllo e da rexión interna do pé.