sacerdote

< lat sacerdōte
Plural: sacerdotes
  1. s m RELIX Home dedicado a realizar distintos servizos relacionados co culto á relixión que representa.
  2. RELIX
    1. s m Home que recibiu as ordes que o capacitan para celebrar misa e administrar algúns sacramentos, no catolicismo.
    2. sacerdote obreiro Presbítero católico que exerceu o apostolado participando plenamente no traballo e na vida dos obreiros.