araña

Plural: arañas
  1. s f ANIMAL Artrópodo da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos. Distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría presentan oito ollos e teñen os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. No opistosoma sitúanse catro pares de fieiras, onde desembocan as glándulas da seda. Son carnívoras.
  2. s f ANIMAL/ICT Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado que presenta de 4 a 7 raios espiñentos provistos de glándulas.
  3. ANIMAL
    1. s f Crustáceo decápodo, da familia dos galateidos, de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax. Son de cor vermella con liñas azuis transversais.
    2. araña de mar Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia.
  4. s f ENX Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos.
  5. s f MAR
    1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes.
    2. Peza de madeira que evita que se enrede a vela cos cabos que guarnecen os paus.
  6. araña vermella ANIMAL ácaro. 
  7. arañas vasculares PAT Tipo de telanxiéctase formada por unha arteriola central e distintos capilares centrífugos.
  8. patas de araña TECNOL Conxunto de rañuras efectuadas na superficie de rozamento dunha chumaceira para facilitar a distribución do aceite de lubrificación.
  9. tea de araña arañeira.