rula

< orixe onomatopeica
Plural: rulas
  1. s f ANIMAL/ORNIT Ave columbiforme, da familia dos colúmbidos, granívora, que presenta o corpo de tamaño mediano e a plumaxe de cor rosa.
  2. rula común ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos colúmbidos, que ten a plumaxe das partes superiores de cor castaña avermellada e a cabeza e o colo de cor gris rosada con listas brancas e negras.
  3. rula turca ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos colúmbidos, que presenta a plumaxe de cor castaña e rosada na cabeza e nas partes inferiores, e medio colar de cor negra na parte posterior do colo.

Refráns

  • Cando a rula comeza a rular, colle o fol e vai sementar.

Palabras veciñas