rubio -bia

Plural: rubios Masculino: rubio Masculino plural: rubios Feminino: rubia Feminino plural: rubias
  1. adx Que é de cor vermella ou encarnada. Tm s m, referido a cor.
    1. adx Que ten unha cor entre castaña tirando a vermello e amarela tirando a vermello. Tm s m, referido a cor.
    2. adx Que ten o cabelo, o pelo ou as plumas dunha cor entre castaña tirando a vermello e amarela tirando a vermello. Tm s.
    3. raza rubia galega ZOOL Raza bovina que presenta cor marrón, desde tons claros ata algúns máis escuros, mucosas rosadas e cornos claros. Destaca pola facilidade no parto, a lonxevidade e a adaptabilidade ao medio, e ten aptitudes para o traballo, o leite e a carne, en que está especializada.
  2. ANIMAL/ICT
    1. s m Peixe óseo que pertence aos xéneros Aspitrigia, Eutrigla, Lepidotrigla, Trigla e Trigloporus, da familia dos tríglidos, que presenta o corpo e o fociño alongados coa cabeza moi voluminosa en relación co corpo.
    2. rubio crego [Eutrigla gurnardus] Peixe, da familia dos tríglidos, que presenta unha crista escamosa na liña lateral, e é de cor gris ou castaña clara co lombo salteado con moitos puntos brancos.
    3. rubio escacho [Aspitrigla cuculus] Peixe da familia dos tríglidos, que presenta a marxe orbital con varias espiñas, unha liña lateral con escamas desenvolvidas, e é de cor vermella no dorso e branca na zona ventral e as aletas pectorais e caudais son vermellas cos bordos negros.

Palabras veciñas