aralia

< orixe iroquesa
Plural: aralias
  1. s f PLANTA Arbustos dos xéneros Fatsia e Tetrapanax, pertencentes á familia das araliáceas e que se cultivan como ornamentais en Galicia.
  2. aralia papirífera PLANTA Arbusto, da familia das araliáceas, que pode acadar os 3 m de altura e presenta follas de ata 30 cm de longo.
  3. aralia xaponesa PLANTA Arbusto, da familia das araliáceas, que pode acadar o metro de altura, e é orixinaria de China e Xapón.