rotífero -ra

< lat científico Rotifer, xénero de metazoos
Plural: rotíferos Masculino: rotífero Masculino plural: rotíferos Feminino: rotífera Feminino plural: rotíferas
  1. adx Relativo ou pertencente aos rotíferos.
  2. s m ANIMAL Metazoo do filo dos rotíferos.
  3. s m pl ANIMAL Filo de animais metazoos triploblásticos, non metaméricos, con simetría bilateral, de formas variables e microscópicos, co corpo recuberto por unha cutícula proteica ríxida, cunha coroa de cilios, que produce un movemento ondulatorio. Presenta un pé cónico que se bifurca en dous dedos, que poden ser utilizados para a locomoción.

Palabras veciñas