romance

< lat romanĭce ‘en románico’
Plural: romances
  1. adx Que deriva da lingua ou da literatura latina.
  2. adx LING Que se falaba na Romania cando xa se diferenciaba claramente do latín. Tm s m, referido a lingua vulgar.
  3. s m LIT
    1. Narración novelesca extensa, en verso ou prosa, das aventuras dun heroe.
    2. Poema escrito en versos con rima normalmente asonante nos pares.
  4. s m Relación amorosa entre dúas persoas.