arácnido -da

< gr ἀ ράχνη ‘araña’
Plural: arácnidos Masculino: arácnido Masculino plural: arácnidos Feminino: arácnida Feminino plural: arácnidas
  1. adx Relativo ou pertencente aos artrópodos pertencentes á clase dos arácnidos.
  2. s m ANIMAL Artrópodo da clase dos arácnidos.
  3. s m pl ANIMAL Clase de artrópodos pertencente ao subfilo dos quelicerados, que presentan o corpo dividido en cefalotórax e abdome. Teñen catro pares de patas e dous tipos de glándulas características, as de veleno e as de seda.