sfPeza circular, ríxida, de escaso ancho en relación ao seu diámetro, susceptible de xirar arredor dun eixe fixo, ou dotada de movemento de rotación.
roda dentadaRoda provista de dentes na súa periferia que constitúe unha engrenaxe ou forma parte dun sistema de transmisión por cadea.
sfAnaco de algo que ten forma circular.
sfConxunto de persoas ou cousas que forman un círculo.
sfXOGOXogo en que os participantes forman un círculo.
sfMARPeza máis sobresaínte da proa dunha embarcación e que lle dá a forma.
sfARQUIV/BIBLIOTSigno circular constituído por unha cruz inscrita en dous círculos concéntricos, con inscrición e figura, que representaba a sinatura do papa e dos reis de Castela-León e que autenticaba os documentos solemnes na Idade Media.
sfHISTSistema de tortura introducido en Francia en 1534 e suprimido en 1789, que consistía en atar o condenado a unha roda de carro chantada horizontalmente na terra, para crebarlle os membros.
roda da fortunaolubilidade da sorte e das vicisitudes das cousas humanas, que se representa como unha roda posta aos pes da deusa Fortuna.
roda hidráulicaFÍS/TECNOLRoda provista de pas sobre as que se aplica a forza da auga, o que provoca a rotación da roda transformando en enerxía mecánica a enerxía do salto ou da corrente.