ácaro

< lat acaru gr ἄ καρι ‘insecto pequeno, ácaro’
Plural: ácaros
  1. adx Relativo ou pertencente aos ácaros.
  2. s m ANIMAL Arácnido da orde dos ácaros.
  3. s m pl ANIMAL Orde de arácnidos integrado por animais de corpo a miúdo aplanado, sen segmentación visible nos representantes superiores, con catro ou dous pares de patas nos adultos e tres nas larvas, e co cefalotórax ou prosoma xeralmente fusionado co abdome ou opistosoma.