ridículo -la

< lat ridicŭlu
Plural: ridículos Masculino: ridículo Masculino plural: ridículos Feminino: ridícula Feminino plural: ridículas
  1. adx Que provoca risa por diferentes motivos.
  2. adx Que  non ten valor ou importancia.
  3. s m
    1. Situación vergonzosa que provoca risa ou escarnio.
    2. Aquilo que fai que alguén se converta en obxecto de risa ou escarnio.

Citas

  • Con esa gravata encarnada estás ridículo
  • O chalé vendeuse a un prezo ridículo
  • Sempre fuxiu do ridículo, OBS: Adoita empregarse nas construcións pór/poñer/quedar en ridículo, Non te poñas en ridículo por ninguén, Quedou en ridículo diante de todo o auditorio
  • Subiu ao escenario e o ridículo foi lamentable, OBS: Adoita empregarse na construción facer o ridículo, Fixeron o ridículo diante de todos