reunión

< reunir
Plural: reunións
  1. s f Acción e efecto de reunir ou reunirse.
  2. s f Conxunto de cousas ou persoas reunidas.
  3. s f MAT   Conxunto formado polos elementos que, polo menos, pertencen a un dos conxuntos considerados, dados dous ou máis conxuntos.
  4. dereito de reunión DER Dereito de reunirse as persoas nun mesmo lugar de común acordo coa finalidade de asistir a un acontecemento, de discutir temas de interese común ou simplemente de conversar amigablemente.

Sinónimos

Refráns

  • Concello, de mañá; e auga, de tarde.