demSinala a cousa ou persoa que se atopa espacialmente lonxe dos dous interlocutores.
demDesigna o afastamento temporal con respecto a quen fala e a quen escoita. Indica anterioridade ao referente. OBS: Contrae coas preposicións en e de:naquel(es),naquela(s),naquilo,daquel(es),daquela(s),daquilo. Tamén contrae co indefinido outro,aqueloutro(s),aqueloutra(s),aqueloutros,aqueloutras (a forma neutra é aquilo, e non ten variación de número nin contrae, aquilooutro).
s, singExpresa algunha calidade difícil de precisar cun significado xeralmente positivo como pode ser ‘encanto, atractivo’.
Citas
A nosa filla é moi aquelada, sempre procura prepararse o mellor posible
Aqueles días xa non volverán, Aquilo que pasou xa quedou atrás
Co aquel da festa marchamos cedo, Coa aquela de que non sabía de que estabamos a falar, non entrou na conversa
Comprei unha torta de mazá e unha de kiwi: esta é máis saborosa ca aquela
Ese rapaz ten un aquel que engaiola, Miña nai ten unha aquela que a fai moi cariñosa
Non quero este libro, quero aquel que está no estante do fondo, OBS: Contrae coas preposicións en e de dando lugar ás seguintes formas: naquel(es), naquela(s), naquilo, daquel(es), daquela(s), daquilo, Tamén contrae co cuantificador outro: aqueloutro(s), aqueloutra(s) (a forma neutra non contrae aquilo outro)
Frases feitas
Coma aquel que. Coma se. Ex: Non vaias facer coma aquel que quer