retablo

< lat tardío retaulu lat retro ‘detrás’ + tabŭla ‘táboa’
Plural: retablos
  1. s m ARTE Conxunto de táboas pintadas ou frontais de diversos materiais, que representan escenas relixiosas e que se colocan tras o altar.
  2. s m Conxunto de figuras que normalmente representan un episodio da Biblia.