resonancia

< lat resonantĭa
Plural: resonancias
  1. s f Prolongación dun son na súa intensidade ou duración.
  2. s f MÚS Conxunto de sons complementarios que produce o son dunha nota, nun instrumento musical.
  3. s f Difusión que adquire un feito ou unha noticia polo seu interese ou a súa relevancia.
  4. s f
    1. FÍS Fenómeno polo que un corpo elástico entra en vibración en contacto con outro corpo vibrante dentro duns límites de adecuación frecuencial.
    2. TECNOL Fenómeno que consiste na coincidencia entre o período dunha oscilación libre e o dunha forzada.
  5. QUÍM
    1. s f Propiedade que teñen algunhas substancias de presentar o fenómeno de mesomería.
    2. enerxía de resonancia Diferenza entre a enerxía de formación teórica e a enerxía de formación real dun composto resoante.
  6. resonancia magnética nuclear QUÍM/MED Técnica utilizada en imaxinaría electrónica con finalidade diagnóstica e na análise química.

Formas incorrectas

resoancia