resina

< lat resīna
Plural: resinas
  1. s f QUÍM/BOT Substancia orgánica de orixe vexetal, de cor parda amarelada e consistencia moi viscosa, que é insoluble en auga e soluble en diversos compostos orgánicos e que se emprega na preparación de lacas e vernices.
  2. s f FÍS Substancia fotosensible que, na fabricación de circuítos integrados, se deposita sobre o semicondutor para que a luz ultravioleta impresione selectivamente aquelas rexións onde se quere realizar os diferentes procesos.
  3. resina epoxi/epoxídica QUÍM Resina formada por moléculas que conteñen o grupo epóxido, e que se emprega como composto de recubrimento, na industria de adhesivos e en electrónica.

Sinónimos