apuntamento

< apuntar
Plural: apuntamentos
  1. s m Acción e efecto de apuntar.
  2. s m
    1. Nota de pouca extensión feita con rapidez.
    2. Notas tomadas para axudar a recordar algo máis tarde.
  3. s m DER Resumo das actuacións dun proceso xudicial do que se servían os maxistrados para resolver recursos interpostos ante eles.

Sinónimos

Citas

  • Collín os teus apuntamentos sobre o libro que estou a ler para interpretalo mellor

Palabras veciñas