residuo

< lat residŭu
Plural: residuos
  1. s m Parte, en xeral sen valor, que queda dun todo logo de tirarlle unha ou máis partes.
  2. s m IND Materia que se obtén nunha operación química xunto co produto principal ou que queda tras un tratamento industrial ou unha transformación.
  3. residuo fixo ALIM Residuo que deixan os alimentos líquidos despois de seren evaporados en seco para eliminarlles a auga e outros produtos volátiles. OBS: Tamén se denomina extracto seco.
  4. Produto ou substancia que queda dun proceso ou material nuclear logo de lle extraer o proveito desexado, e que manifesta radioactividade.