reserva

< reservar
Plural: reservas
  1. s f
    1. Acción e efecto de reservar.
    2. ARTE/BIBLIOT Parte dun fondo de arte dun museo ou conxunto das publicacións dunha biblioteca que, polo seu valor ou rareza, son sometidos a un réxime de exhibición ou de consulta especiais.
    1. s f Conxunto de cousas que se gardan para un caso de necesidade.
    2. s f p ext Documento co que se acredita que se ten algo reservado.
    3. s f ALIM iño ou licor cunha crianza mínima de tres anos.
    4. s f BÉL Elementos combatentes que o mando mantén á súa disposición en previsión de futuras continxencias.
    5. s f BÉL Situación á que pasa un militar unha vez cumprido o período de servizo, á que son destinados os xefes e oficiais das forzas militares ao cumprir unha idade, ou os mobilizados que se reintegran á vida civil rematada unha guerra.
    6. s f pl XEOL Material que pode ser extraído e aproveitado dun depósito.
    7. reserva alcalina FISIOL Cantidade de substancias reguladoras que contén o plasma sanguíneo capaz de neutralizar os ácidos.
    8. reservas monetarias ECON Stock de medios de pagamento que un país retén co fin de facer fronte aos déficits temporais da súa balanza básica, amortizando os efectos das flutuacións do comercio exterior.
    9. substancia de reserva BIOL Substancia dunha célula, tecido ou organismo, que se pode mobilizar para permitir unha independencia nutritiva temporal do medio.
  2. s
    1. Actitude discreta e prudente.
    2. Prevención ou cautela que se ten cara algo ou algúen
    3. pl Condicións que se poñen para algo.
    1. s f Lugar onde se reserva calquera cousa.
    2. s f POLÍT Territorio, nalgúns países colonizados, reservado aos aborixes, que residen nel segundo un estatuto especial.
    3. reserva natural BIOL Espazo natural protexido no que se tenta asegurar a protección das especies.
  3. DEP
    1. s f Conxunto de xogadores non titulares dun equipo.
    2. s Deportista que pode substituír a un titular.
  4. s f DER Declaración que fai o xuíz de que a resolución ditada non afecta a determinado dereito.

Frases feitas

  • Sen reserva. Sen condici

Refráns

  • Tulla que está sen trigo non dá gran para facer pantrigo.