representación

< lat representatiōne
Plural: representacións
  1. s f
    1. Acción e efecto de representar.
    2. Realización dun espectáculo teatral.
  2. s f Conxunto de persoas que representan unha corporación.
  3. s f Cousa que representa a algo ou a alguén.
  4. s f Licenza que concede unha casa comercial a alguén para que venda os seus produtos.
  5. s f DER Poder, de carácter revogable, outorgado legalmente a unha persoa, para representar a alguén nunha causa procesual.
  6. s f FILOS
    1. Aprehensión ou reprodución consciente dun obxecto presente, dunha percepción pasada ou dun acontecemento futuro.
    2. Imaxe representada.