repartir

< re- + partir
  1. v t Dividir algo en partes e distribuílas entre varias persoas ou lugares.
  2. v t Facer que chegue algo ao seu destino.
  3. v t Colocar ou distribuír algo estendéndoo ou separándoo.
  4. v t Asignar un papel a un actor.
  5. v pron Dividirse para dedicarse a diferentes cousas.
  6. v pron Distribuírse ou situarse por diferentes lugares.

Citas

  • As súas tendas repártense por diferentes cidades
  • O carteiro repartiu as cartas con demora
  • O director repartiu os papeis e fixo de Ofelia
  • O seu tempo repártese entre a casa e a oficina
  • Reapartiron equitativamente o premio
  • Reparte ben a pintura para que cubra toda a parede